«Os concellos regularán o arraigo»

Jesús Manuel García OURENSE

OURENSE

Entrevista | José Juan Cerdeira Lois

21 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

José Juan Cerdeira Lois é o responsable da Oficina Presencial e Telemática de Asesoramento ao Emigrante retornado da Deputación de Ourense. -¿Como funciona este centro? -No 2003 a Deputación abriu unha oficina especializada nun tema moi concreto como o da atención ao emigrante retornado. A situación socioeconómica de Hispanoamérica fai que teñamos un aluvión de retornados, xentes que da noite para a mañá deciden retornar e chegan ás entidades locais como os concellos cuns problemas que necesitan unha especialización por parte dos técnicos. Por eso intentouse crear unha oficina provincial cun equipo interdisciplinar. -Ou sea, que o teñen todo centralizado en Ourense. -Damos axuda aos concellos pequenos que non teñen técnicos especializados e atendemos aos emigrantes. -E despois de ano e medio de actividade ¿como están? -O funcionamento é satisfactorio e agora coa aprobación do regulamento que desenvolve a Lei de Extranxería vai ser outra circunstancia que vai modificar moitos aspectos. -Os concellos terán a súa participación. -Neles vaise dar un novo papel porque van ser os verdadeiros reguladores do arraigo desta xente, son os que van certificar en casos puntuais se estas xentes retornadas están arraigadas e se teñen os seus medios de vida aquí. -Nestes emigrantes retornados, José, seica hai situacións ben curiosas ¿non si? -Pois danse casos de retornados que na súa unidade familiar teñen membros que cando regresan a España aquí son inmigrantes, familiares que xa non teñen a nacionalidade española ou que casaron con xentes doutros países e que ó problema da emigración de retorno súmaselle o do emigrante dentro desa estructura familiar. -¿Cando informan ao emigrate retornado? -Antes de que retornen porque moitas veces, cando veñen, atópanse cunha realidade diferente á que se lles presentou e con problemas máis doados de resolver non seus países de orixe que aquí unha vez que voltan. Nós actuamos de forma presecial e mediante as novas tecnoloxías. Máis de mil persoas foron atendidas con estas tecnoloxías. Asesorasells en orixe por vía telemática co equipo interdisciplinar.