DIARIO DE AURIA | O |
24 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.EL PROBLEMA, meu virrei, es que no se lo cree nadie. España entera no se lo cree. Os investimentos, o olvido da nosa provincia, o atraso endémico, a necesidade de construir un futuro próspero. No se lo cree nadie, meu virrei. En España somos o argumento que fai rir aos contertulios das emisoras. E de ti só falan pestes. Todos aseguran que se trata, simplemente, dunha cuestión persoal. Que nada tería sucedido se a repartición de cargos e prebendas favorecese os teus intereses. E despois falan do deterioro da clase política, da vergoña dos caciques do século vinteún, dos reinos de taifas. Nin caso, meu virrei. A estas alturas me importa un bledo tu interés personal. Todo o que dis é certo: somos os últimos, pasan de nós, trátannos como tontos e, aínda por riba, gobernan grazas ao case sesenta por cento dos votos que o Pepé apaña (apañar, ese é o verbo) en Ourense. O único que me doe é que tiveran que pasar quince anos para isto. E que nestes quince anos caera Cuíña, que o teu fillo chegase á política, Cabezas á alcaldía e Rajoy a Madrid. Sin embargo me gusta pensar que si nada de esto sucediese, tú habrías hecho lo mismo. ¿O no, meu virrei?