«O Barco cambiou gracias ó PSOE»

Miguel Ascón Belver
Miguel Ascón O BARCO

OURENSE

LOUXA

Entrevista | Aurentino Alonso Araújo

14 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

?ado en Cartelle, leva quince anos en O Barco e cinco como afiliado ó PSOE. Dí sentirse barquense e recorda fachendoso que ten unha filla nada en Valdeorras. Asegura que non ten ambicións políticas e que só quere facer un servizo ó partido e ós seus conveciños. -¿Cómo fuches elexido secretario xeral? -Só se presentou unha lista na que ibamos os que non foron á última candidatura e agora son concellais. Aínda así, a mitade dos membros da nova executiva continuamos da anterior. Alfredo renunciou a seguir como secretario porque xa tiña a carga da alcaldía e de ser diputado provincial. O espíritu de renovación levounos a buscar un novo secretario e eu fun o elexido pero calquiera compañeiro estaría capacitado para desenrolar esta labor. -¿Cómo atopaches o partido á túa chegada e cómo está agora? -Agora o partido está cohesionado. Cando cheguei, hai cinco anos, había unha especie de cisma e a candidatura do 99 xurdiu case que fora do PSOE oficial. O PSOE estaba desmembrado pero coa chegada de xente nova comenzou a funcionar dunha maneira normal. -¿Cal e a súa opinión do goberno dos seus colegas socialistas en O Barco? -O Barco cambiou gracias ó PSOE, non só ó nivel de obras e estético senón tamén no ámbito cultural e de asuntos sociais. O PSOE leva gobernando cinco anos en O Barco. Quen leve ese tempo sen visitarnos seguro que non recoñece O Barco. -Se o grupo municipal fixese algo do que non está de acordo, ¿diríao? -O partido ten que actuar de maneira independente do grupo municipal. Ó revés do que moita xente cree, o grupo depende do partido e non á inversa. O partido permanece e o grupo pode cambiar ou non. De todas maneiras, traballaremos independentemente pero non desligados do grupo municipal.