DIARIO DE AURIA | O |
10 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.O PINTOR Valcárcel é un encantador de serpes. Pero non ten serpes, nin frautas suaves, nin turbante enroscado na súa cabeza canosa de corsario bondadoso. El ten pincel. E do pincel saen cores que parecen ensimismadas cando te miran. Porque hai dous tipos de cadros: os que son mirados e os que non deixan de mirarte. Valcárcel, o encantador de serpes, pinta os segundos. Paseas polo paseo do Carballiño e a pintura de Valcárcel métese no teu bolsillo como se fose un paquete de tabaco, un poema, un pano de flores, de rosas, de bicos. A Valcárcel hai que darlle o valor que merece. O do pintor dedicado a pintar e non a ir de visita á Deputación ou ao Concello. Porque tamén nisto hai dous tipos de pintores: los correveidiles del éxito fácil, escasos de talento, que colocan cuadros en las paredes gubernamentales, y los otros. A Valcárcel lo queremos a distancia, que es como se quieren los boleros y los amores imposibles. Lo queremos en la viñeta de la segunda de La Voz de Ourense y en la camaradería del arte, esa república. Vostede acuda ao Carballiño e déixese atrapar pola pintura de Valcárcel. A pintura encantada de Valcárcel. A pintura, nada máis.