A caza

ELÍAS DOMÍNGUEZ PRIETO

OURENSE

TEMAS DO PAÍS | O |

06 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

CADA vez que escomenza a temporada de caza rexurde en min unha compulsiva pregunta: ¿Cómo se pode decir «o deporte da caza»? As miñas razóns para esta dúbida existencial para os trofeos de caza son as seguintes: Nos deportes típicos como atletismo, ciclismo, natación, baloncesto ou fútbol trátase de esforzarse cada vez máis, de conseguir millores marcas, demostrar a evolución da raza humana, non transgredir as normas recollidas no regulamento. Na caza cada vez se realiza menor esforzo, pois van cos todoterreno ata as propias posturas de caza, contan cada vez con armas máis precisas, de maior alcance, balas máis demoledoras, emisoras para millor planificar o acoso ó pobre animal, millores ferramentas para despiezar o animal e non ter que facer moito ejercicio de pesas para subir a peza polo monte arriba, e cando matan un animal prohibido deixano tirado no monte para que non os sancionen. Os cazadores de agora camiñan menos que os de antes, cargan menos peso e necesitan menos puntería, non implica superación. Este deporte non demostra a evolución da raza humana