O golf do señorito

MANUEL REGO NIETO

OURENSE

BALCÓN DE MOREIRAS | O |

18 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

MEU alcalde de Toén, Xosé Puga, sae en defensa do campo de golf que máis cedo que lonxe teremos perto de aquí, na localidade de Moreiras. Parece ser que un señorito do golf de Montealegre non olla ben que os do entorno da capital traten de sair adiante, aducindo non sei que cuestións de tipo económico que lle deberon quedar moi claras na resposta que Xosé Puga Suárez lle dixo, ao señorito de Montealegre. Aquí, en Ourense, nesta provincia esquecida da man dos homes, Deus non se mete nas nosas cousas. Hai quen ten envexa do que fan outros, pois ao parecer ainda segue a haber castes. Agora que as institucións, os veciños e a iniciativa privada se dan a man para que un concello colla pulo, dé postos de traballo e se desenrole. Agora, digo, chega un señorito a porlle pegas e a se erexir en sabio de Grecia. Mire, señorito do golf de Montealegre: viva e deixe vivir. No concello de Toén as xentes son fidalgas, cosmopolitas. Xentes boas. Non veña a enredar.