TEMAS DO PAÍS | O |
09 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.Ardeu ata que parou cun sinxelo medio de "extinción de incendios" a choiva. Lévolle dado moitas voltas a esto dos incendios, e penso que estamos empregando unha terminoloxía que propende a incendiar, xa que temos unha brigada de extinción. Si lle chamaramos "brigadas de prevención" serían máis efectivas e, ademais de eliminar ou aminorar os efectos dos incendios, teriamos unha paisaxe máis coidada si as brigadas limparan camiños, cortalumes, carreiros e algunha que outra finca. Cambiar as subvencións á reforestación por subvencións á limpeza, ou, ainda mais, para evitar a picaresca das subvencións, limpar aquelas fincas de propietarios que o solicitaran evitando así que morran castiñeiros e carballos centenarios que son irremplazables por tódolos árbores que regalen as administracións o día da árbore, día da Terra, Día internacional do Medio Ambiente,... Podiamos sustituir avionetas e helicópteros por paleadoras e desbrozadoras e podiamos aporveitar o enorme poder calorífico do soutobosque arbustivo queimándoo en centrais de coxeneración.