DIARIO DE AURIA | O |
26 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.MENTRES a furia española repousaba na praia do fracaso (outra vez), os portuguesas mordían á pérfida Albión con dentes de fútbol e fantasía. Mentres Scolari sentaba no banco ao sete de Portugal para ver como se reflotaba a nave (y el siete portugués, que va de divo, no se sentó ni con sus compañeros al ser sustituido), o sete español descansaba de tanto esforzo e tanta pericia. Mentres España perdía, Portugal marabillosa ganaba. A nós quédanos Portugal. Non só o bacalhau, senón tamén os libros, o café, as copas a carón do Támega, o sorriso dunha flaviense de ollos negros, os poemas e relatos de Torga (aquel trasmontano máxico), o contrabando, os xardíns coidados con mimo, a mirada volta do revés para vernos nos Santos, camiñando as rúas plenas de galos que preconizan o tempo, as alfombras, as nubes que acarician como seda. A Ourense quédalle Portugal. Ao mundo quédalle Portugal. O xoves fixeron do fútbol unha paixón profunda e intensa. Estética, velocidade, sentimento. Esta provincia vive de costas a Portugal. Equivócase. Debíamos dejarnos de tanto hermanarse con Méjicos y Cubas. Por Ricardo, Carballo, Deco... ¡Arriba Portugal!