ANACOS | O |
24 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.DESDE LOGO este país non ten desperdicio. Non é de extrañar que sigamos sendo a Galicia profunda da Galicia profunda e o paradigma do subdesenvolvemento e da máis rancia política caciquil, esa que todo o mundo cita a xeito de cachondeo cando pillas algunha conversa na mesa que está á túa beira. O concelleiro de Economía de Ribadavia está a construir a súa casa sen licencia -e polo que se ve nas fotografías non está precisamente co movemento de terras ou cos alicerces-. Xa non é que este señor non dimita por un caso tan escandaloso de abuso de poder -coa connivencia de PSOE e BNG- e que por riba ponse en plan estupendo e mófase do sentido común cunha argumentación tan «cachonda» como que necesita facer a casa nesa zona para controlar o crecemento da viña e a producción con argumentos tan peregrinos como que a planta está exposta a xiadas e toda unha serie de enfermidades. Parece que o concelleiro de Economía de máis que político debe ser fillo de Stephen King e góstalle converterse no particular gardián do millo/viño do Ribeiro. Eso sí, como todos os artistas do despiste, non di porque está a facer obras sen licencia.