TEMAS DO PAÍS | O |
19 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.SORPRESA en maiúscula foi a que levou o PP cando o pasado día 16, ao empezar a contar os votos da Emigración, censo dos Residentes Ausentes, as papeletas do PSOE eran tantas ou máis que as do PP. Unha vez rematado o reconto confírmase a gran sorpresa: o Partido Popular perde na emigración. Perde nesa emigración que tanto coidaron e mesmo mimaron, con viaxes do Sr. Fraga que segundo nos contaban nos medios de comunicación, era recibido en olor de multitudes, acompañado de gaiteiros, pensións non contributivas, viandas necesarias para cociñar un cocido galego, alá, nas terras nas que o termómetro marca moitos días do ano 40º. Por se todo iso non fose de abondo, e dada a gran importancia do tema, créase no goberno unha Consellería da Emigración. Pois, evidentemente, non foi de abondo. Á vista de que só tres meses despois de que o PSOE gañase as eleccións Xerais que lle outorgan a presidencia do goberno do Estado, a emigración cambia o senso do voto e sae gañador o partido que governa en Madrid. A necesidade de conseguir unha pensión non contributiva fixo o miragre.