Unha estufa de butano

OURENSE

DIARIO DE AURIA | O |

18 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

SE acabó la fiesta, que diría Serrat. Auria despide a súa semana grande entre flores sen batalla. Un pouco mosca co asunto das barracas, os prezos: todo por la pasta. Cada vez que termina unha festa queda un pouso de melancolía entre os labios. Como se a vida precisase máis jolgorio, máis música, máis abrazos de alegría entre os fíos da lúa linda. Pero nacimos para perder, cantaba o vello Jim Morrison antes de que tocasen as campás de prata do seu delirio. Ás veces teño esa sensación. Fundamentalmente cando rematan as festas. Dura pouco, por fortuna. De seguido levanto a cabeza e miro a patria de rosas da esperanza. Sen embargo convén ser realista (pesimista, aseguraba o gran Antón Tovar). A realidade empúxanos a crer que non abandonaremos o furgón de cola, que votaremos libremente como votamos, que a calor do verán será asfixiante, que a política ha de vencer á poesía. Realista, pesimista. Neste xuño de calor o mundo parece unha estufa de butano. Pero eu non quero quecer nela. Prefiro a barra dun bar. A barra duns ollos, dun abrazo, dun camarada compartindo o candor de todas as derrotas. Y la estufa, digo yo, la dejamos pal invierno.