A sucursal de Vigo

MANUEL REGO NIETO

OURENSE

BALCÓN DE MOREIRAS | O |

15 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

A DESIGNACIÓN do señor Martínez Rapela como conselleiro de Caixanova polo PP-PSOE pode ser todo un acerto. E non é que os antes propostos foran ruíns. Non. Máis Martínez Rapela amosa un talante -¿sóalles?- e coido que un talento nada común. E delo debémonos felicitar os ourensáns. Claro que xunto con outros conselleiros da nosa provincia, terá que plantexarse para que serve a súa presencia alí onde quenes mandan son os que absorveron, que non fusionaron, a nosa Caixa Ourense. Agora todo se está a resolver na cidade olívica. Ata unha esmola que certo escribidor -cincocentos euros- solicitou para financiar a historia dun anaco da nosa cidade. E déronlle coa porta no nariz. Ben. Se imos ser -xa o somos- unha sucursal dos de Vigo, non lle arrendo a ganancia a Martínez Rapela, que sego a dicir que foi un acerto.