No levantamos cabeza

OURENSE

DIARIO DE AURIA | O |

12 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

¡QUÉ nivel, Maribel! ¡Qué gracia! ¡Qué alegría pal cuerpo! Unha destas noites domésticas, sometinme á danza do zapping na procura dun programa que resultase grato. Encontreime coa palabra Ourense nun foro de Telecinco. Unha muchacha, un muchacho y sus mamás. Tamén estaban os que gritan habitualmente nese espacio dirixido polo gurú Xavier Sardá, que tan pronto está en contra da guerra como permite os modos máis abxectos e violentos, vergonzantes, no programa que dirixe. Pero non é ese o caso. O caso é que a palabra Ourense saíu a lucirse no espacio. Y yo interesadísimo, oiga, por fin vamos a publicitar en un programa de audiencia nuestra ciudad, nuestra provincia incluso (o muchacho traballa na Deputación, creo). Pensei que aquilo non era real. Que estaba soñando un mal soño. Tiven que saír á terraza a tomar o fresco, para desintoxicarme. Sentín náuseas, agobio, tumefacción facial. Queridos televidentes del resto del Estado, os juro que los ourensanos no somos (todos) así. Os juro que hay otra gente. Os juro que podéis venir a vernos, que sí. Entre las estadísticas (siempre los penúltimos) y Crónicas Marcianas, no levantamos cabeza.