Solveira en Internet

MANUEL REGO NIETO

OURENSE

BALCÓN DE MOREIRAS | O |

07 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

SE SAN PEDRO de Moreiras é o meu berce, e ten unha igrexa barroca, case que unha catedral, Moreiras está nunca bocaribeira ollando cara o Castro de Trelle. Se Moreiras é así é moito máis, Solveira de Paderne, aséntase na Rabeda que é terra cha. Terra de pan levar... Agora Solveira ten unha páxina web: www.solveira.org. E esto lémbrame cando eu noviara coa que é hoxe miña dona -¡xa choveu!- e os homes ían á sega a Castela. As mulleres andaban a manipular no liño que cosechaban. O abade don Juan na súa predica dominical alertaba ós feligreses: «El hombre es fuego y la mujer estopa. Llega el viento y sopla». Chegara José Romero da Rusia do papá Stalin, seu irmán Manolo leía a Calvo Sotelo e Juan Gil -«compañero del alma, compañero»- dáballe conmigo á trela sobre o divino e o humano. Se o meu berce é Moreiras, Solveira ten un cachiño da miña alma pecadora que se pon de xeonllos ante os difuntiños queridos. Xa o entrañable Manolo de Dios fixéralle unha foliada: «Se vas a Allariz polo Cumial, verás a Solveira no fondo do val. No fondo do val, do val da Rabeda, que non hai no mundo terriña como ela». ¡Saúde e Terra, amigos!