Os aplausos de Bono

OURENSE

DIARIO DE AURIA | O |

15 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

IMAXINO que a estas alturas vostedes xa terán reflexionado sobre a célebre (e celebrada no Pesoe) enquisa do CIS. Zapatero come as fichas de Rajoy, é aplaudido pola cidadanía e saca dez puntos entre partidos. A fidelidade política non existe. Iso é bo para a democracia. Move máis o talante, o xesto, que as ideoloxías. As ideoloxías morreron. Excepto en Ourense. Aquí seguimos instalados na ideoloxía do último lugar, o furgón de cola: somos perdedores. Agora, con dúas ministras nativas da provincia, tiñamos todas as cartas para ganar a partida. Pero non. Resulta que a señora Espinosa é a ministra peor valorada. Non era para menos: o seu papel en Bruxelas rozou o ridículo. A de sanidade líbrase por centímetros. Ourense repetirá durante esta lexislatura o seu papel periférico, residual, perdedor. Somos o que somos: unha provincia en retroceso. Como o Pepé de Madrid, que en vez de asumir os seus erros, segue defendendo o que o pobo español non tolera: Irak. Baltar non o faría. Aposto que colocaba uniforme militar e metía aos soldados nun autobús (regalándolles un transistor por cabeza) para que volvesen a casa. Y Bono te aplaudiría, meu virrei.