Tira el hachís y corre

OURENSE

DIARIO DE AURIA | O |

07 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

CONTA La Voz: «Dos jóvenes se desprenden de cien gramos de hachís al huir de la policía en Verín». Estas cousas pasan do mesmo modo que se olvidan. Porque non hai unha plataforma interesada en que deixen de ocorrer, porque ao sistema interésanlles certas actividades ilícitas, porque a senrazón apoderouse hai anos deste mundo ramplón. Digo que o hachís e a marihuana tiñan que estar legalizadas. Igual que o tabaco, o alcohol, a telebasura. Son máis adictas as Crónicas marcianas que un porrete de María, esa chica tan mona. Javier Sardá transforma o ánimo, como a marihuana. Pero mentres esta tranquiliza, relaxa e sosega, as Crónicas poden converterte nun imbécil irrecuperable. E non pasa nada. Toleradas para todos os públicos, non son perseguidas e o presentador demagogo e predicador e farisaico das noites de Telecinco non ten que escapar como os dous mozos de Verín. San Zapatero Redentor ten unha oportunidade de ouro para enroscarse ao carro da sensatez, da progresía certa, da ética e da lóxica: legalizar a marihuana. Deste modo non terán que correr os mozos de Verín. Y la poli se dedicará a cosas más serias, digo yo. Que las hay. Y muchas.