DIARIO DE AURIA | O |
05 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.AI, CÓMO me aburren. Ai, qué pouco me emocionan. Só o virrei ruborizado, e Quintana cando grita que hai que votar por Galiza, e ZP cando levanta a voz dirixíndose ao corazón dos máis novos (os outros son anestesiantes: Llamazares, este Rajoy descafeinado, a perversa mirada de Rato, os votos que Fraga busca debaixo das pedras). Qué coñazo estas eleccións. Sálvame mirar a foto de Tereixa Paz, a candidata do BNG. Mira en limpo, plácida, suave, como non mira ningún dos outros candidatos. Tereixa é a imaxe futura desta provincia e un, na súa ignorancia politóloga, pensa que pode ser a primeira deputada nacionalista desta Auria melancólica. Gústame Tereixa, gústame que saíse do anonimato que o BNG, por norma, reserva para os máis válidos. Gústame que exerza de muller sen alharacas, con honestidade, sen rubor. Gústame parar diante dos carteis e saber que ela si que pode representar os intereses de Nós en Madrid. Unha muller que mira como mira Tereixa nunca defrauda. Por fin o BNG elixiu con tino. Por fin os que sacan as fotografías do BNG debuxaron unha alma e non un rostro. Unha alma transparente, honrada. Iso é o que creo. Iso é o que escribo.