Cascos, ese hombre

OURENSE

DIARIO DE AURIA | O |

24 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

DESVALIDOS. Así nos sentimos. Dende que Álvarez Cascos anunciou a súa despedida, como un maremoto, as ondas da tristeza encaracólanse nos nosos ollos. Cascos marchou e a nosa provincia queda orfa, desasistida, solitaria como un gardagullas sen tren, un príncipe sen princesa, un Caribe sen piratas. Cascos preocupábase por Ourense. El prometía como só os grandes políticos saben prometer e prometen: serio, circunspecto, con esa cara de Robert de Niro en Toro salvaje , eterno fajador dos golpes máis viles, na alma, directos ao corazón. Deixoume K.O. Sen el a miña vida carece de motor. E isto non é unha metáfora. Sen el, Verín quedou sen cidade automobilística. Cascos defendía estas cousas difíciles. Pero se va. Porque Cascos é un home namorado. Por iso crece diante de min a súa figura de estatua. Abrazo o seu rostro preñado de Asturias patria querida e pesca salmónica, de Fomento e AVES, de Gemmas e glamour. Si tú me dices ven lo dejo todo. Se va rotundamente enamorado, como Bécquer, pasando de Rajoy y de la gracia de Arenas. Un donjuán feo, católico y sentimental. El Marqués de Bradomín que abandona la política. Dios vaya contigo (y con ella), Francisco.