DIARIO DE AURIA | O |
23 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.PREGÚNTOME onde está o gurú que titula as actuacións policiais. ¿Que música escoita nas noites de tedio, que lecturas realiza, que películas, cal é o seu líder carismático? Unha mente privilexiada agáchase detrás das denominacións que aparecen nos periódicos. A última: operación avestruz. Parece o título dunha pésima película americana. As avestruces, as nécoras, os calamares e cigalas e salmonetes están disgustados co asunto este das nomenclaturas. Calquera día pode tocar. Os inocentes seres do reino animal tremen de pasmo diante dos intelixentes títulos policíacos. Imaxinen vostedes outras posibles titulacións: operación can de palleiro, por exemplo. O día menos pensado asáltanos a noticia e convén estar preparados: varios agentes perseguían desde hace meses a un can de palleiro que pertenecía a uno de los implicados. A operación avestruz soa a Anacleto agente secreto, a inspector Gadget, a Peter Sellers na Pantera Rosa. Claro que tampouco resulta baladí a expresión ultilizada polos detidos: «Tráeme un buen pienso, que los pollos se me quejan». Pollos, avestruces... sólo falta Calimero llorando por la despedida de Cascos. ¡Mamma mia!