CALPÚRNIA | O |
22 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.CO galo do 75 cabodano, temos unha boa desculpa para afondar na obra e figura de Antón Losada Diéguez. Peza clave para comprender o esforzo realizado desde 1916 a 1936 na construcción da identidade nacional galega. Calquera estudoso do galeguismo sabe que Risco e Otero entraron no mundo do nacionalismo da sua man, adquirindo un compromiso con Galiza que marcará as suas vidas. Cando a dictadura de Primo de Rivera, o mesmo que lle aconteceu aos da Lliga Regionalista de Catalunya, crera nas promesas feitas aos nacionalistas de favorecer o acceso á autonomia, polo que, en 1923, convence a don Vicente para crear unha Mancomunidade Galega. Proxecto que abandonarán cando vexan que as promesas non se ían cumplir. E iso que o ministro da Facenda e sempi-eterno deputado polo Carballiño, José Calvo Sotelo, aínda non andaba a teimar con iso da España rota. Os galegos moito debemos a don Antón Losada. Grácias a el, outros comezaron a sonar e a inventar unha Galiza, dona de seu, que poidesemos herdar nós.