«El gallego» e o pedante

MANUEL REGO NIETO

OURENSE

BALCÓN DE MOREIRAS | O |

09 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

PRIMEIRO foi Abelardo Pérez Gabriel, agora é Antonio Vallejo. O PSOE ourensán empéñase en que falemos dil. Pois adiante. Inda que a decisión de incluir a «un gallego» como lles chaman ós emigrantes nas Américas a min paréceme moi acertada, non así a descoordinación que se traen estes «netos» de Pablo Iglesias. En Madrid anda Rodríguez Zapatero á procura dunha muller para o segundo posto e non da con ela. Xa declinaron o ofrecemento varias escritoras, artistas... Eu recomendaríalle ó leonés que fale con Sara Montiel, que é «socialista de toda la vida» (Sara dixit), e co seu mozo cubano farían unha campaña do máis atractiva. Eiquí en Ourense sae agora Antonio Rodríguez, _que como endexamáis tivo un cargo no PSOE, pobriño el_ a postularse para o Congreso dos deputados «porqueson o millor», como dicía aquel histriónico boxeador chamado Legrá. Bueno, pois Ourense perdoa todo menos a pedantería, como ben dicía don Ramón Otero Pedrayo.