DIARIO DE AURIA | O |

27 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

QUE NON PERDAN sempre os mesmos. Que llueva café en el campo. Que me quieras, todavía, como yo te quiero. Que as noites estean plenas de abrazos... e tamén os días, os cuartos clausurados da soidade, a lúa que te mira, os amigos que están sempre, de madrugada incluso, cando a melancolía morde o corazón dos derrotados. Que non te vaias. Que non cheguemos tarde nunca máis. Que se mueran de envidia los que no saben querer. Que me abraces cos ollos pechados, como eu te abrazo a ti. Que Concha y Marta nunca se entreguen, ni se aparten, junto al camino nunca digan no puedo más y aquí me quedo. Que a ilusión siga alimentándonos. Que o fracaso non nos faga chorar. Que as lágrimas sexan só de alegría. Que Ourense se reequilibre (dixo o meu virrei, onte, en Verín). Que a poesía perdure. Que la intolerancia reviente. Que deixe de comerme as uñas. Que non me faltes. Que sigas pintando de azul clarito el cielo lleno de lluvia, de nubes. Que algún día todos nos caigamos de la risa. Ay, amor, que tú reines. E se todo isto non fose suficiente, 2004, non deixes de sorprendernos con caricias, sorpresas, bicos, ternura. A nosotros, que tanto tanto te queremos.