DIARIO DE AURIA | O |
26 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.EMULANDO, torpemente, a César: Llegó, nos vio, y se fue. Un dos premios do sorteo de Nadal foi devolto por unha administración ourensana. Por feo. Somos Auria, condenados ao fracaso. Algunhas veces ganamos, certo. Ganamos amigos nas noites boas que repetimos cantando ausencias, boleros tristes, citas de Neruda, almas en vilo reclamando abrazos nas esquinas do mencer, licor, amores imposibles, rabia, a lúa mirando as cicatrices dunha despedida. Ganamos bicos que non merecemos. Mensaxes con sabor a nostalxia. Ganamos a inmortalidade, nós que aínda non ganamos o presente. Somos Auria, diferentes. Ganamos vasos que teñen labios marcados nos seus bordes. Ganamos lágrimas que olvidamos chorar. Ganamos a vida paseando, pedra a pedra, a nosa derrota. Ganamos camaradas agora que os camaradas son todos, maldita sexa, muchachotes correctos. Ganamos a esperanza, e comémola a bocados, a vida, a vida. Somos Auria, diferentes. E non nos toca a lotería porque non a precisamos. Só necesitamos unha mirada cómplice, un saber que estás, aínda que non estás, nunca estás, nunca. Ay, corazón, agárrate a la vida. En tempo de Nadal. En calle melancolía...