O comercio e a tristeza

OURENSE

DIARIO DE AURIA | O |

19 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

REGRESO. Entre as luces que decoran con estrelas este Nadal sen luces nin estrelas, calada, unha muller cun neno en brazos pide esmola. Isto non é demagoxia. Acabo de chegar da rúa e sei que un cliente gastará nun só día no comercio ourensán seis mil euros. Isto non é demagoxia. Mentres o comercio se promociona a si mesmo entregando premios de escaparate (esto es América) a señora e o neno en brazos, como un réquiem, seguirán deitados no recanto dos meus ollos. Isto non é demagoxia. Mentres esta España dividida, agria, belixerante celebra as súas bondades económicas, o neno e a señora rebentan a miña alma condenada a estar en ningunha parte. Estou triste. Porque non me gusta este mundo e non me gusta a España que o presidente Aznar deixa: el llano en llamas. Velaquí cómo pasará a historia o home que só quixo pasar á historia: intolerante, inflexible, o jefazo que manda ao cárcere aos que convocan referendos. O home do milagre económico. Claro que el non sabe que á porta dun comercio unha muller pide esmola. O comercio que o mesmo día obriga a gastar un premio de seis mil euros. Isto non é demagoxia. É tristeza.