BALCÓN DE MOREIRAS | O |
15 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.SI SE LLE PREGUNTA á gran parte dos católicos para qué serve o Cabildo catedralicio, é ben seguro que dirán que non o saben. Sinceiramente xa fai anos que un servidor chegou á conclusión de que non serve para nada. A nosa Basílica-Catedral (a miña é a de meu pobo, barroca e fermosísima) é o primeiro templo da diócese. E por iso, hoxe resulta obsoleto que un fato de cregos esten de «adorno» elí. Máis alégrase un de que no tema da futura edificación, que aprobou o equipo de goberno e aplaude o BNG (¡qué legalistas estás estes, logo do asalto o «cuartel de invierno» de Allariz) o PSOE salvou a cara, ¡meu can chapou unha mosca!, o noso Cabildo da a cara e pronúnciase dende a lóxica. Inda se está a tempo de resolver este desaguisado que enborralla a fachada da igrexa fermosísima que é a nosa Basílica-Catedral. Despertaron do seu sono os coengos que vexetan polas naves do noso primeiro templo, e que van adornando as máis solemnes procesións da cidade. Levantar esa casa non só é un adefesio, senón que, como todo ten arranxo na vida o que non pode ser, non pode ser e ademáis é imposible. Amén.