Bibiana e Sergio

OURENSE

DIARIO DE AURIA | O |

13 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

SERGIO Pazos era actor antes de ser actor. Naceu con polvo de estrellas, como un estigma, entre os seus ollos de neno. Eu lembro os seus acenos nas veladas dos Salesianos, coméndose o mundo a golpes de risa, espantando as sotanas da tristeza no claustro da memoria escolar. Bibiana foi unha revolución sentimental na España da movida, da transición, de Felipe, e do Pesoe que acabou convertido nun partido descafeinado, con rosas de plástico no seu anagrama. Bibiana foi aire fresco cando a frescura estaba condenada polos tardofranquistas, que fixeron escola no Pepé e continúan impartindo leccións demoníacas (a última na Europa plural: Aznar quiere que Europa sea demócrata y cristiana). Están estes días no Principal, Bibiana e Sergio. Eu estou con eles. Porque son o outro lado desta España mediocre, marciana, de aquí hay tomate y marujitas, esta España que se va a morir de banal e insulsa, de imbécil y cateta. A Sergio lo abrazo como antes lo abrazaba. Y a ti, Bibiana, te beso con mis labios de poeta tristón. Te beso como antes te soñaba, envolviéndome en tu pelo libertino, tus uñas y tu boca llena de flores. Lo que amas perdura. Es cierto.