10 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.
SEICA SE celebrou onte o Día Internacional dos Dereitos Humanos. Ese papel que todo o mundo toma a cachondeo e que ninguén cumpre porque a prepotencia dos estados e as institucións é superlativa. Só se celebra nos medios de comunicación. O dereito a unha atención sanitaria digna hai tempo que quedou establecido entre as «normas de xogo» desta sociedade. Con todo, e polo que se ve, é máis difícil eso que acertar a quiniela ou que che toque a lotería.