Sentimento de nación

ELÍAS DOMÍNGUEZ PRIETO

OURENSE

RECANTO | O |

12 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

FAI UNS días, o martes 14 de outubro de 2003, publicaba La Voz de Galicia os resultados dunha enquisa sobre o sentido de nación que temos os galegos. Según o citado estudio aparecido no xornal, só un 13 % dos galegos prefirimos o término nación, frente ós cidadáns vascos, 37 %, e ó 47 % dos cidadáns cataláns. Non se facía interpretación dos resultados da enquisa e a min ocórreseme que a máis alto nivel cultural, maior sentido de nación, tamén habería que ter un coñecemento máis profundo dos datos e do procedemento co que se levou a cabo o estudio para coñecer os posibles sesgos. Non quere decir, ou non ten porque coincidir o sentimento de nación cos movimentos políticos de caracter rupturista. Debemos ter claro que o sentimento de nación implica un maior amor ó pais, á patria e polo tanto maior estímulo para loitar polo seu engrandecemento social e económico, non un engrandecemento caudillil como o que se daba na España franquista. O nacionalismo non ten porque estar relacionado co sentimento autonomista e moito menos co independentista. Convén pararse a pensar para facer unha clarificación conceptual e falar menos. Para frenar os movimentos rupturistas non se debe ir ó outro extremo do nacionalcatolicismo militarista no que parecemos estar caindo nos últimos meses. O PP xa non fala do centro e escomenza a recuperar peligrosos térmos como afrenta á bandeira, os roxos para referirse á xente de centroesquerda. O militarismo que se promove coa participación na guerra de Irak ou o catolicismo que se tenta revivir dende o goberno con 16 de televisión adicadas á viaxe do Papa ou a asignatura de relixión que conta para a nota media e poñer historia das relixións como alternativa á asignatura de relixión pon o toque definitivo para falar dun crecente militarismo nacionalcatolicista no Estado. A historia repítese dicen os historiadores.