Marabilla de provincia

OURENSE

DIARIO DE AURIA | O |

10 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

ESTA foi unha semana crucial, pola súa ironía, para o futuro desta provincia limítrofe (limítrofe con Castela, con Portugal e, de paso, coa supervivencia). Coñecemos estes días que os directivos de Ucosa (¡qué cosa!) asinaban cheques sen saber moi ben qué asinaban. Coñecemos, por sentencia xudicial, que en Benposta houbo mala fe institucional que raia, incluso, o escándalo. Só nos queda que a estúpida esa de Gran Hermano (¿Aida?) e que sae a todas horas en todas as televisións diga que viviu en Ourense unha tempada. Marabilla de provincia, de autonomía, de Estado. Y aquí no dimite ni Dios. Que un xuíz califique de mala fe e de escándalo unha actuación gobernamental paréceme gravísimo. Gra-ví-si-mo. E que os políticos implicados escurran o bulto paréceme, aínda, peor. Falta sentido da responsabilidade, iso que apela Fraga Iribarne constantemente. Falta sentido da culpa. Demitir é un verbo imposible neste país conservador, máis de dereitas que Caldera (que é máis de dereitas que Rajoy). Caldera dixo aproximadamente, na morte do militar español en Irak, que era un patriota. Apañaditos estamos. Con Ucosa, con Benposta... y con Caldera.