«Crécenos o número de turistas»

Jesús Manuel García OURENSE

OURENSE

LOUXA

Entrevista | Amelia Lamelas Míguez

23 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Leva cinco anos na vida pública do seu Concello tentando que sexa cada vez máis coñecido. O mosteiro, a natureza e a gastronomía coa Festa da Carne son señas de identidade forte nesta zona na que o tempo semella ir a outro ritmo máis saudable. -¿Que van facer iste ano? -Teremos a festa o 12 de outubro, coa carpa, a charanga e o precio do xantar en 10 euros como o ano pasado. -¿Que ten a carne de Montederramo? -Que é moi fresca, excelente, con boa calidade porque os pastos da serra son moi bós o que repecute despois no sabor. -¿E o turismo? -Crécenos o número de turistas. En agosto tivemos máis de tres mil e no mesmo mes do 2002 non chegaban a esa cifra. -A natureza tira deles. -O mosteiro e a natureza. Hai rutas pola serra encargadas a unha empresa de Vigo. Oín dicir que unha estaba descoidada, falaremos para arranxar isto. -Teñen sorte de ter o monumento que teñen. -O mosteiro supón un foco cultural impresionante, o que nos da máis vida. -¿Cal é a opinión dos veciños sobre el? -Aceptano porque agora o coñecen mellor ó saber da súa historia e ó ver canta xente ven preguntando por el. Hoxe segue en restauración. Xa se fixo moito e agora están colocando un novo sistema de iluminación e estudian como colocar o retablo maior no seu sitio orixinal. -¿Cantas mulleres forman a asociación rural? -Somos sesenta. -¿Funcionan ben? -Si, organizamos moitas actividades e ás veces algunhas socias non poden vir por atender ó gando pero acuden cando poden. -¿Síntense colmadas con esa programación? -Encantadas porque o teñen como un aliciente para relacionarse. Hai cousas que necesitamos como unha piscina climatizada porque a área fluvial úsase pouco ó ano. Facíanos falta tamén un polideportivo.