«No PP hai alcaldes que poderían estar nun proxecto nacionalista»

Cristina Huete OURENSE

OURENSE

Entrevista | Xosé Rodríguez Cid PORTAVOZ DO BNG NA DEPUTACIÓN O militante do PNG, membro do consello nacional do Bloque, dí que para suceder a Beiras faría unha lista cun pouco de cada un dos candidatos que se apresentan

19 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

?or esas curiosas contradiccións que ten a vida, este mestre de 48 anos, portavoz do grupo nacionalista na Deputación e membro do consello nacional do Bloque, pasou a tenra xuventude a bandeirazos cos militantes do BNG dos seus amores. E é que Xosé Rodríguez Cid militaba, en pleno período universitario, no MC -o Movemento Comunista, unha das organizacións máis radicais da esquerda- que compartía un enorme desencontro ideolóxico coa UPG. -E acaba vostede no PNG, o partido máis á dereita no Bloque. ¿Moderouse tanto? -Eu, antes que nada, son nacionalista. Eso está por riba de todo, incluso do binomio esquerdas-dereitas. Cheguei a elo tras unha etapa na que non tiña esa convicción. Pero si acabei no Partido Galeguista foi tamén porque, precisamente os do MC tiñamos moi malas relacións coa UPG e era imposible, despois de anos de liortas, parar ahí. -Sin embargo, parece compartir máis con esa organización ... -Sí; pode ser. Pero eso de dereita e esquerda é moi relativo. Eu considérome, en moitísimos postulados meus, vivenciais, máis a esquerda que moita xente que presume de estalo, pero creo que este país necesita unha transformación gradual. É moi difícil conseguir a liberación de Galicia, si non é dende postulados galegos,e contando con sectores empresariais. E o BNG debe atraer eses sectores que construen o país. -E cré que os poderes económicos van apostar polo BNG... -¿Por qué non? Déronse dende a entrada en Europa unha serie de circunstancias especiais de gran contradicción e hai moitos sectores -pesca, gandeiría..- que non se sinte representada polo Estado español. -Xa; pero agora están na voráxine interna. Dígame, ¿Quintana ou Nogueira? -Para a sucesión de Beiras, eu faría unha lista cun pouco de cada candidato. Os dous teñen ventaxas e inconvintes. Pero o proceso non ten por qué ser negativo. -¿Y si se presentara Suárez Canal? -Pois mira, a el si que o votaría. Como cho digo. -E con respecto ó PP, ¿Baltar ou Cabezas? ¿Cál é o enimigo do BNG? -Son as dúas caras da mesma moneda. No fondo son a mesma política, do control e o dominio absoluto. Baltar diríxese ó sector rural cos seus matices e Cabezas o urbán, cos seus. Eu, que son home de pobo, vexo más as contradiccións na Deputación, pero porque vivo máis eso. Eles serven o seu amo e son unha desgracia para este país. O gran poder do PP na provincia só serviu para destruíla. Pero penso que hai alcaldes do PP que poden sumarse a un proxecto nacionalista. -¿No PSOE tamén? -Ós do PSOE véxoos case máis xacobinos cos outros. A mín gostariame que en Galicia houbera un PSOE estilo Maragall, pero non é o caso. Pero que quede claro que o enimigo a bater na provincia é o PP, aínda que me sinta moi pouco identificado co PSOE. -Pois son socios na oposición. ¿Por qué en Ourense non levantan cabeza? -Porque non hai más forma de vida que a que sae da Deputación e dos concellos do PP. Se tes un fillo aquí ó que pode aspirar é a que entre na Deputación ou na brigada do concello. Non hai máis.