CALPURNIA | O |
17 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.CALQUERA QUE teña reflexionado sobre a dramática experiencia de ¿vivir? nun campo de extermino nazi, que autores como Primo Levi, Imre Kertész ou Jorge Semprum recollen nalgunha das suas obras, estará o suficientemente sensibilizado para solidarizarse cos actos que en Celanova terán o vindeiro 20 para rendir homenaxe a aqueles que sufriron prisión nos muros do mosteiro fundado por san Rosendo, moitos deles asasinados, coa complicidade da noite, no Furriolo. Presos cuxo delicto foi o de defender contra da barbarie fascista os ideais de liberdade e democracía que inspiraban ao goberno lexítimo da II República. Mais foron derrotados e humillados, e tiveron que pasar uns 65 anos para que se renda pública homenaxe aos loitadores pola liberdade. Mágoa que moitos xa non vivan e sexan os seus descendentes quen reciban o desagravio. Mais de 25 anos dende a restauración da democracia nos que se realizou un gran esforzo por apontalar a monarquía, eliminando calquera vestixio que poidese ficar do franquismo e de reciclar para a democracia a unha dereita conservadora que, cando pode, lembranos a todos cal é a sua verdadeira orixe. E nese esforzo recuperador esquecemos as víctimas, e tamén que se hoxe disfrutamos dun sistema parlamentario e democrático, pese os seus defectos, é porque moitos mantiveron a ilusión de ver restablecidos uns ideais personificados na República.