DIARIO DE AURIA | O |
12 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.O XOVES de noite contemplei, pasmado, unha entrevista a Tamayo. O tránsfuga Tamayo, debera dicir, pero el aclarou que non é transfuga porque non marchou ao Pepé nin a Esquerda Unida, senón ao grupo mixto (¡ah!). A min Tamayo prodúceme náuseas. A entrevista do xoves confirmou esta sensación: o seu modo de falar, o sorriso que esbozaba despois de cada frase, ese cinismo canalla de triunfador. Non quero ser lombrosiano, pero hai rostros que son, en verdade, os espellos da alma (Cesare Lombroso era o antropólogo italiano que afirmaba que os delincuentes teñen características físicas comúns). Tamayo deixoume medio lelo, apesadumbado. Quería escribir, hoxe, un Diario de risas. Imposible. Por Tamayo. Pero tamén por esta infausta provincia. Que non anda. Que ás veces parece un brazo roto, unha gripe, unha lumbalxia. Padecemos, tal vez, depresión postparto. Despois das eleccións queda a cousa así de pesarosa. Cos borrachos cantando cancións tristes e cos bares cerrados á medianoite. Cando Cenicienta ten que correr á súa casa. Poñer o pixama e soñar co príncipe azul. Pero os príncipes morreron, Cenicienta. Agora mandan os Tamayos. ¡Que asco!