DIARIO DE AURIA | O |
30 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.HOXE levanteime con Los Chichos, cun anaco de ausencia colgado entre os ollos, un libro no edredón, e con ganas de dicirlle ao mundo que as nubes grises son un estado de ánimo. Levanteime e abrín o periódico como cada mañá, e vin que Aznar e Beiras pasaban, que caía un camión, que a Xunta edifica sen licencia (¿para qué?), que empezaba a Istoria de Ribadavia (Con 48.000 euros montan un evento, ¡cultural!, con repercusión en toda Galicia. Y aún ganan pasta en el pueblo. Igualito que nuestro festival de cine: esa cosita pija pijísima que precisa renovarse (o morir). ¿Este año vais a poner la alfombrita roja?). Hoxe levanteime sen o meu can, Odín, e o desencanto golpeoume como o grito de Munch, un puñal, un olvido. Levanteime con Los Chichos cantando esa de has tenido mil amores pero ninguno has querido, coa melancolía visitando os meus dedos mentres escribo, levanteime sen lúa, pero cos olliños verdes, azuis, da miña Concha mirándome. E Marta, que me abraza. Visitei dez veces a caseta de Odín, por se regresara. E aquí sigo, triste, intentando buscar ao meu can entre as nubes grises da alma. Son son para que tú las bailes... Meu corazón.