¿Ónde están os de Nunca Máis?

MANUEL REGO NIETO JUAN VALCÁRCEL

OURENSE

O BALCÓN DE MOREIRAS COUSAS DE AQUÍ | O || O |

11 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A UN tiro de pedra do meu balcón de Moreiras está o san Benitiño glorioso. O sábado nove de agosto o lume deixábase caer dende a capela do santo cara a carretera de Moreiras por As Airas. Mans asesinas puxéronlle lume a natureza, a esa esa obra de Deus, e queimaron piñeiros que son os que fan o monótono fungar do noso hino que escribira Eduardo Pondal. ¿Mais qué saben estes malnacidos do que supón queimar a nosa terra? ¿Qué lle imos deixar ós nosos descendentes como non sexa un deserto de pedras calcinadas, de terras sin lagartos, sin fermosísimas ardillas, sin os fentos nin os morogos... sin vida? San Benito de Coba de Lobo ¿onde están os de Nunca Máis? Ou é que eiquí a traxedia non é máis grave que o chapapote? ¿Ou é que non hai quen recaude cartos pra bandeiras, manifestacións, autobuses, bocadillos...? ¿Ou é que non hai ningún Bloque que lle saque rentabilidade contra Aznar?