O espello Os veciños de Queiroás da Igrexa escenificaron pola mañá o primeiro paso da feitura do pan nun día de almorzo festivo e gaiteiros para animar a tarde
26 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.Un ano máis os veciños de Queiroás da Igrexa celebraron a primeira fase do ciclo demostrativo do pan que seguirá o 9 de agosto coa malla e o 15 coa moenda para facer, o 16, a fornada. Os traballos de onte principiaron ás dez da mañá e unha hora despois xa estaba segado todo o eido. O concelleiro Ramón Bouzas botou varias bombas de palenque mentras chegaba unha ducia de mulleres cos canastillos ben surtidiños. Luisa Villarino e as compañeiras extenderon os manteis sobre os mollos e puxeron filloas, chulas, leite frita, tortilla con pementos, torradas de viño, doces, tarta de fresa, xamón e chourizo. Non se poideron queixar os homes. Uns vinte segadores doutro tempo levaron adiante a demostración. Daba gusto escoitalos. Levaban os regos ben dereitiños na seitura. Unha pousada son cinco mollos e un carro, vintecinco pousadas. Así se contaba o traballo. Unha boa lección para as novas xeracións.