«A incidencia é menor aquí»

Mar Gil OURENSE

OURENSE

PILI PROL

Entrevista | José Abal Arca

26 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Para José Abal existe certo desenfoque na visión que se lle ofrece á sociedade sobre certas patoloxías. -É curioso o que ten sucedido nos últimos tempos. A nivel mundial a neumonía asiática non provocou máis de trescentos mortos, mentres que por cancro de pulmón morren cada ano arredor dun millón de persoas, e sen ningunha repercusión social. E é máis grave porque é unha enfermidade totalmente preveñible, na súa maioría, eliminando o tabaco, pero hai condicionantes sociais e económicos que impiden que a prevención se leve a cabo. -O tabaco segue presentándose coma un auténtico demo. ¿É realmente así? -Hai tamén outras causas, fundamentalmente a exposición a productos tóxicos, pero o 92% dos enfermos son fumadores. Non quere dicir iso que tódolos fumadores acaben desenvolvendo cancro de pulmón, son só un 20%. -Se falamos de prevención e de detección precoz, irremediablemente hai que pensar en coordinación dentro do propio sistema sanitario. -Cada ano temos máis conexión con Primaria dende a asistencia especializada. Consideramos que é moi importante concienciar ós médicos de cabeceira e a outros especialistas para que estean atentos a esta patoloxía e nos envíen ós enfermos rápido. -¿Cales son as conclusións do estudo que realizou o seu servicio entre 1999 e 2000? -A incidencia desta patoloxía é menor aquí, a taxa de incidencia é claramente máis baixa que a media española, sobre todo nos homes. Outro dato salientable é que o 66% dos casos se diagnosticaron en estadíos avanzados, o que conleva un mal pronóstico.