21 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.
SEMPRE HAI cousas que non cadran nestes xuicios tan pintorescos. Supoño que serán requerimentos da legalidade, mais pedirlle identificación en Ourense a Xesús Silva é como exixirlle a José María Aznar o carné en plena Castellana por non saber quen é ou a Fraga no medio do Obradoiro. E logo que o denunciante retire a denuncia tras ser presuntamente agredido e, tamén presuntamente, tirarse diante das cámaras de televisión non deixa de ser un contrasentido.