A homenaxe a Abrente pechará as representacións

La Voz

OURENSE

? programación deste ano da Mostra Internacional de Teatro terá unha clausura especialmente simbólica e entrañable. Para a derradeira sesión da MIT 2003 contarase coa presencia do Centro Dramático Galego e o seu espectáculo Daquel Abrente, a montaxe en honor dos 25 anos da profesionalización do teatro galego.