DIARIO DE AURIA | O |
18 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.A MELANCOLÍA é unha puñalada. Escoito tangos. Intento consolarme con vasos (ahora, que me deben tantos besos). Leo libros en desuso. E outra vez a melancolía. As noticias non me reconfortan: Ucosa e a xustificación banal daqueles que a votaron, os negocios políticos, o credo dos novos tempos: todo lo que necesitas es pasta. Eu quédome coa miña melancolía. Os cines que pecharon a porta: Avenida, Losada, Mary, Xesteira. As librerías clausuradas. O seu espacio é ocupado por centros de moda, ou así. Tamén algún bar onde na barra penso en Greta Garbo. Sempre Greta Garbo, que era e segue sendo a actriz de actrices, dama, cariñito. Esta provincia precisa que Greta e Bogart e Bette resuciten. Para facer unha Auria de película. Onde os soños sexan lagartos de seda e mandarina, onde non mande ninguén, onde a lúa pinte un sorriso de caimán entre os ladrillos do ceo. Levanteime coa melancolía colgada dos ollos e deume por pensar nos cines pechados. Esta vez tengo razón, y que nadie me la quite: empiezan cerrando los cines y terminarán cerrándonos el alma. Ellos. Su credo. Todo lo que necesitas es... (escriba usted la última palabra).