Ribeiro

ÁNGEL GONZÁLEZ CASTIÑEIRAS

OURENSE

TRIBUNA ABIERTA | O |

04 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

GRANDES encoros, canteiras incontroladas, minicentrais, vertedoiros ilegais, liñas de alta tensión, verquidos os ríos, parques eólicos, grandes infraestructuras (autovia), definicente saneamento das augas residuais, incendios, ... é unha mostra do que está a acontecer en maior ou menor medida en Galicia, pero no Ribeiro habería que ir pensando nun estado de emerxencia paisaxística. A paisaxe fala, as cicatrices da paisaxe poden explicar outros males. O Ribeiro precisa dun consenso sobre o territorio. Decidir o que é sagrado. O que non se toca. Salvar algo. A Peneda, Pena Corneira, As Pozas de Melon, O Val de Castrelo, as beiras do Avía, A Alameda, .... endexamais as voltaremos a ter, roubaronno-las amparándose no poder do opresor, na súa condición de deuses do material. Da xustiza mellor nin falar (as leis de medio ambiente son usadas como papel hixiénico). Nos vivimos aqueles sitios antes da desfeita. Temos capacidade para discernir entre aquelo e isto. E nin fai falla decir polo que nos decidimos. Os custos ambientais destas desfeitas pagaranno as xeracións vindeiras, que sempre nos maldiciran o atoparse cunha comarca deteriorada medioambientalmente. A pena de todo e que hai un inocente que esta a pagar todalas desfeitas. Alguén que ainda que non fale, expresa os seus sentimentos. Alguén que esta canso de tanto maltrato e que algún día, cando se percaten dos seus berros, zecais seña demasiado tarde. ¡Por iso é polo que loitamos os ecoloxistas! Por facer palabras os seus sentimentos.