Eleccións en Verín

ELOI DOMÍNGUEZ

OURENSE

TRIBUNA ABIERTA | O |

29 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O PASADO 25-M en Verín a nosa candidatura recibiu un tremendo correctivo, perdendo arredor de 400 electores. Por máis que intento racionalizar este dato, non atopo xustificación posible a este fracaso. Os nosos votos pasaron a engrosar as cifras da lista independente. Pero non é esa a tranquilidade á que me refiro. Dende o BNG tomámosnos moi en serio a política municipal e non creemos que o éxito electoral se deba ó ruido que se poida montar cos altavoces en quince días. O traballo de catro anos de lexislatura debería ser o factor decisivo, pero non é así. Nós, atendemos as demandas dos veciños das parroquias e da vila, que xa saben que son escoitados. Sen cáseque medios fixemos gran esforzo por explicarlles as consecuencias nefastas dun plan de urbanismo como o aprobado. Colaboramos apoiando, únicamente nós en ocasións, aqueles proxectos beneficiosos para Verín. Propuxemos, aínda que non foramos escoitados, medidas que axudaran a mellorar a economía local como a idea de fomentar un novo parque empresarial porque o de Pazos non cumple os mínimos esixibles pola industria moderna. Denunciamos os abusos que se poideran cometer polos grupos moi poderosos contra os intereses da maioría dos veciños. Manifestámonos contra certas políticas locais que perxudican a sectores como o comercio. En fin, o noso traballo de catro anos non se ve recompensado nas urnas. É máis, perdemos apoios naquelas mesas onde máis nos preocupamos polos asuntos dos seus electores. Por eso me resulta difícil entender esta situación. A política non se debería decidir nas tabernas nin que quince días de exhibición de medios abondasen para conquistar vontades. Deberíamos reflexionar todos porque se de altavoces se trata, pode ser alcalde eterno quen o faga moi mal ou quen queira con tal de facer barullo duas semanas.