Máis moral co Alcoyano

MANUEL REGO NIETO

OURENSE

O BALCÓN DE MOREIRAS | O |

28 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A QUEN enriba firma xa non hai nada que o asombre. Máis como notario da actualidades, de cando en vez, venlle a un o sorriso da incredibilidade. E nesta hora, xa na resaca dos comicios municipais, onde unha forza -nacionalista, para máis señas- ven ano tras ano, comicio tras comicio, golpe a golpe e verso a verso, suliñando a ascensión cara un triunfo que endexamáis chega. Sempre van ser a revelación electoral, e sempre quedan á porta, ou nas escadas. Menos mal que agora son o motor de Galicia, e eso da máis moral co Alcoyano. Soñan e soñan: ¿Qué es la vida? Un frenesí. ¿Qué es la vida? Una ilusión, una sombra, una ficción y el mayor bien es pequeño; que toda la vida es sueño, y los sueños, sueños son. Pois que siga a racha, que os partidos centralistas estanse a frotar as mans. E ollo con no rachar o bloque ante a derrota final. Claro que logo do 25-M «pode trasladarse -dicían- a votos nestas eleccións... ou nas seguintes». O dito nin o Alcoyano. E é que los sueños, sueños son .