«Pálpase a necesidade dun cambio»

Marta Carballo OURENSE

OURENSE

20 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Alberte Blanco presentase a estas eleccións encabezando unha lista, a do BNG, que ten postas as suas esperanzas nunha alternativa no goberno local. Considera que a xestión do PP levou a Verín a caer en picado. Esto dí que está a xerar nos cidadáns un desexo de troco e está convencido de que conquerirán superar os tres concelleiros que tiveron no último mandato. -¿Con qué perspectivas afronta esta recta final da campaña? -Coa esperanza de mellora-los resultados das pasadas eleccións e que o BNG forme parte do goberno municipal. O cambio pódese producir aínda que hai factores que poden xerar incertidume. Falo desas candidaturas independientes que proliferan nas eleccións e que poden xerar un elemento de confusión. Entre os veciños pálpase a necesidade dun cambio. -¿A qué cre que responde ese desexo dunha alternativa? -Hai un malestar xeralizado pola decadencia económica e social de Verín. Está perdendo postos con respecto á situación que tiña antes. Vese se a comparamos con outras vilas cercanas. Xinzo, por exemplo, está medrando e Verín cae en picado e non se ve o final da costa. Todo é consecuencia da política equivocada do PP que en lugar de dinamiza-la economía se adicou, incluso, a fustigar ós comerciantes con medidas como a prohibición de aparcar en zonas clave para o sector. Tamén houbo unha falla de visión en canto ó poligono industrial, non se preparou de forma axeitada e houbo empresas que decidiron ubicarse noutras comarcas. Todo esto fai que teñamos tamén unha grande emigración de xóvenes que se van porque non teñen futuro nin salarios dignos. -No caso de chegar á alcaldía ¿cales serían as primeiras medidas que adoptaría? -O primeiro é a reforma do plan de urbanismo. Leva vixente cinco anos e é evidente que foi un fracaso, só se ordenou o 2% da superficie urbana. O BNG tiña xa un proxecto feito, que foi rexeitado polo PP, e que responde ás necesidades reais. Tamén poríamos en marcha unha empresa municipal de transportes que permitira mellora-la comunicación coas parroquias. E, por suposto, tentaremos crear emprego e potenciar, con axudas, o chan industrial. -E no caso contrario, si despois do domingo quedara na oposición, ¿cómo afrontaría o mandato? -Temos xa experiencia na oposición. No caso de que esto se dese seguiríamos traballando como ata o de agora, dando alternativas, facendo unha oposición constructiva, con máis apoio social e achegándonos máis á xente.