«Estamos abertos a pactar co PSOE»

Marta Carballo OURENSE

OURENSE

O candidato do BNG por Maceda, Xosé Bieito Seara, é un político veterano. Leva vinte anos adicado a este labor. Dende 1987 é concelleiro e chegou a ser alcalde deste municipio. Sen embago, a súa vida á fronte do goberno local foi curta, só durou nove meses. Unha moción de censura devolveuno á oposición en marzo de 1996. Agora afronta as eleccións con ilusión, ofrecendo ós ciudadáns a súa experiencia e o seu compromiso con Maceda. -No ecuador da campaña ¿que sensacións percibe? -As expectativas son boas. Estamos moi ilusionados e traballando intensamente. Temos boas vibracións porque percibimos que a xente está disconforme coa situación de Maceda. Está realmente mal. -¿Cal é a mensaxe que está a transmitir ós veciños? -Primeiro a situación de estancamento que vive Maceda polo goberno actual. A vila ten un potencial que hai que aproveitar, dende a riqueza gandeira ata o tecido productivo. Dende logo, ten moito futuro. -¿Como valora o seu traballo nestes catro anos? -Fixemos unha oposición constructiva. As mocións que presentamos foron, casi sempre, aprobadas por unanimidade. Incluso nós apoiamos algunhas do Partido Popular. Un exemplo é o plan de urbanismo que levaba vinte anos e fomos capaces de aprobalo porque nos empeñamos. Eramos conscientes da súa necesidade. Sen embargo vemos unha falta de capacidade do PP de levalo adiante. -Vostede foi alcalde nove meses. ¿É unha ventaxa ou un hándicap? -Creo que é unha ventaxa. Sen embargo, houbo unha moción de censura, unha convulsión política e non se interpretou ben a miña marcha. Sempre se nos esixiu a nós a responsabilidade, cando nós fomos capaces de entendernos coa Deputación, con empresas como Coren e cos veciños. Tamén é raro que nos entendamos cun compañeiro do PSOE que sabemos onde acabou, desaparecido da vida política. -Se en Maceda non se da unha maioría ¿pactaría? -Por suposto. Pasamos páxina xa hai tempo. De feito neste madato, no que o PP non tiña maioría absoluta, tentamos chegar a un acordo na oposición pero non foi suficiente para facer unha política de goberno. Agora temos claro que si se volve a dar esta circunstancia estamos abertos a pactar co PSOE. O que lle pediríamos é que ese mesmo esforzo o fagan os socialistas para que primen os intereses do pobo.