«Queremos unha vila cara ó río»

OURENSE

13 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Eduardo Gómez Vidal afronta a súa candidatura como alcalde de O Barco con ilusión. Tras dous anos de pacto cos socialistas no concello e trala marcha do anterior líder nacionalista Manuel Docampo, Gómez Vidal basa a súa campaña en converter a O Barco en referente da comarca de Valdeorras e crear unha vila que aposte polo río Sil como espacio de lecer. -¿Como valora os dous anos de goberno cos socialistas en O Barco? -Moi positivamente. Eles necesitaban de nós, xa que o seu goberno estaba moi limitado. O que tentamos foi garantir un goberno progresista na vila, logo de oito anos do Partido Popular. -Ademáis, nas súas máns quedaron temas moi importantes, por exemplo os relativos ó urbanismo. -Así é. O traballo de Manuel Docampo foi moi importante. Xestou un plan xeral aberto e participativo, a pesar do que poido pensar o PP. -¿En que temas centrará agora o BNG a súa campaña electoral? -Nós faremos especial fincaé na participación cidadá na vida municipal. Que eles poidan decidir onde queren gastar o diñeiro público por medio dun regulamento de participación cidadá, a través del cal terán acceso a información municipal e dereito a consulta e participación nos plenos. -A defensa do medio ambente e a recuperación do Sil, son dous temas de gran importancia para os nacionalistas, ¿como van a traballar nestas cuestión? -Nós queremos unha vila de cara ó río. Por todo isto imos a facer unha aposta decidida pola súa recuperación como espacio de lecer, co seu saneamento e o de os seus regatos. Pero ademáis, traballaremos na creacion dun paseo verde peatonal por ámbalas dúas beiras do río. -Coa desaparición da Mancomunidade de Valdeorras, semella difícil conquerir un dos seus propósitos que é facer un proxecto de comarcalización. -Temos que potenciar a comarca entre todos nós por medio do turismo e iso hai que facelo de maneira conxunta. Ademáis, apostamos por un proxecto novo de mancomunidade no que se compartan tódolos servicios tendo en conta os intereses comúns dos diversos concellos.