Un rayito de luna

| XOSÉ CARLOS CANEIRO |

OURENSE

BOLEROS A LA LUZ DE LA URNA

09 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

ESTABAN todos. Incluso la luna, que sonreía encima del Gobierno Civil como si fuese un anuncio navideño. Estaban todos: o adusto, ganador, elegante e quijotesco Cabezas; o pedregoso e militante Rodríguez, aupado nesa corda frouxa (esa navaja barbera) que é o Pesoe de Auria; o home tranquilo Sánchez Vidal, confiado, sereno, escéptico, cálido. Por estar, estaba tamén o globo branco de Troitiño, que é unha metáfora de si mesmo, digo eu. Pero a min non me interesaba esa paisaxe: repetida. Perdíame, como sempre, no rumor cálido duns ollos sombreados con lapis de lúa, a mesma que nos miraba, entre risas, cantándome boleros. Observaba a fanfarria do virrei, a cola caída nas beirarrúas, as fotos, os aplausos, os programas (o do Pepé é macanudo: un alarde, unha hipérbole, un exceso). E deixeime ir. Porque son un facilón. Acabei xornada na última barra do último bar, soñando. Acompañado por vasos que falaban primores sobre a noite de Auria: e teñen razón, esta cidade é perversa, como deben ser as cidades. Bebía melancólico, más solo que la una, que eso de la soledad es un destino, ¿o no? Hermoso. Como la canción esta que Los Panchos tararean. La del rayito de luna, que es un himno, un modo de ser, una condición ontológica, que dicen los filósofos. Ay, cómo me enamora esta campaña. Namórame tanto que saen as palabras dos meus dedos como se fosen flores. Estou disposto, incluso, a votar. Antes, sen embargo, reclamarei que o meu candidato interprete a canción. Que sí, colega, la del rayito de luna. Y a dúo, cual marionetas, pintaremos corazones en las paredes del amanecer. Como niños, amor.