«Tocamos reggae como unha cumbia ou un pasodoble»

Jesús Manuel García OURENSE

OURENSE

A Miteu ten preparado un concerto para este venres, na praza Maior de Ourense, dende as once e media da noite. Tocarán os grupos Sembra Reggae, de Angola e os ourensáns Lamatumbá. -Seica esta actuación é un proxecto pendente. -Este concerto estaba previsto para facelo fai xa dous anos pero por problemas de equipo quedou pendente ata agora. Imos ver se montamos unha festa rachada. -E van tocar a carón dunha formación angolana. -Os de Semba son membros so grupo teatral que ven dalí. Teñen boa pinta e pode estar moi ben. -Despois de cinco anos de existencia ¿por onde anda Lamatumbá? -Pois agora xa tocamos non só na primavera e saímos bastante. Estivemos en Madrid, Valladolid, iremos a Barcelona e o 17 tocaremos en La Burbuja como teloneiros dun grupo arxentino. -¿Como vos respone a xente fóra de Galicia? -Pensamos que ben pero é moi enganoso porque nos concertos que fixemos había moitos galegos. -¿Que lle vades botar o venres? -O noso repertorio habitual e dúas ou tres cancións novas. Temos para comezar. Cando nos digan que paremos, paramos. -¿Como definirías a vosa música? -Nós tanto tocamos reggae como unha cumbia ou un pasodoble. O caso é pasalo ben. Por certo a nosa intención é gravar o concerto do venres.