O xurado desta convocatoria de literatura fantástica elexiu como mellor obra un traballo de Ramón Caride O orixinal distinguido nesta cuarta edición serápublicadopor Sotelo Blanco
12 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.? cuarta edición do premio Risco de Literatura Fantástica xa ten gañador. O xurado reunido onte no Concello de Ourense acordou conceder os 6.000 euros, e a publicación da obra, con que está dotado o galardón ó escritor de San Cristovo de Cea Ramón Caride Ogando, polo orixinal presentado baixo o título Triloxía do sangue e dos camiños. Na xuntanza en que se fallou o Risco de Literatura Fantástica participaron Darío Villanueva, Anxo Tarrío Varela, Arturo Lezcano, vicepresidente da Fundación Vicente Risco, e Armando Requeixo Cuba. Xosé Lois Martínez Pereiro, o gañador da pasada edición, remitiu o seu voto por correo. Aurelio Gómez Villar exerceu de secretario. Acción ben pensada Logo da xuntanza Darío Villanueva, catedrático de Literatura na Universidade de Santiago de Compostela, apuntaba que «a deliberación do xurado foi realmente laboriosa porque había, cando menos, outro texto finalista que contou cunha consideración moi positiva por parte do propio xurado. Finalmente decantouse a opinión maioritaria a favor deste texto tendo en conta que este é un premio que pretende salientar a dimensión fantástica da literatura narrativa». En Triloxía do sangue e dos camiños o argumento central «do que se trata, e que desencadea toda unha historia moi dinámica que sucede en Nova York, en Francia e en Galicia, é da existencia dunha pedra biónica alucinóxena que permite asumir a historia de persoas que xa morreron». En opinión de Villanueva «o argumento é un motivo moi interesante que desencadea unha historia dunha acción moi ben presentada nun esceario cosmopolita».O libro será publicado nas próximas semanas pola Editorial Sotelo Blanco.