?spira a gobernar o Concello cunha débeda herdada que cifra en 66 millóns de euros, «unha debeda dentro do límite da legalidade», recoñece. E explica a fórmula maxistral para acadar obxectivos :«Hai que redistribuir partidas, hai que buscar novos recursos con eficacia e imaxinación e recuperar os da Unión Europea que se están a perder». Beneficios Pero, de momento, fai unha aposta pola colaboración da empresa privada na vida municipal soltando unha advertencia: «Agora son moi poucas as empresas privadas que participan e vencelladas ó PP, que lles prima o interese particular fronte o xeral». E el propón abrir esa canle e darlle as empresas a posibilidade de obter beneficios, «o cal é absolutamente lícito», mentres actúan en cuestións de interese social. «Esto é como o de Pantagruel a Gargantúa: se non defendemos o común, perderemos o propio» explica didácticamente.Alexandre Sánchez Vidal está convencido de que «pode ser factible a conxunción entre interese público e privado mentras lanza unha pregunta ó aire: ¿Qué ten aportado á cidade determinada empresa beneficiada dende o Concello coa meirande parte das obras públicas?». «Cabezas ten un problema de exceso de ego, por eso non afrontou o problema do campus ou dos concellos limítrofes. É alucinante que o alcalde do PP non se preocupe polo polígono industrial. Está desfasado por pelexas de aldea, no sentido de leiras tanto xeográficas como mentais» «O alcalde quere ser Juan Palomo: yo me lo guiso yo me lo como; por eso nos acusa de ser os do non, porque estamos dispostos ó diálogo pero nunca vamos facer trapicheo e eso é o que pretende. Porquenin unha soa vez convocou unha xunta de portavoces e só convoca plenos valeiros»